Misió, Visió y Valors
Misión

Restablecer a saúde dos traballadores das nosas empresas asociadas e proporcionar as prestacións económicas coa mellor atención e garantía.
Visión

Ofrecer un servizo próximo, áxil e profesional aos traballadores, empresarios e autónomos da nosa Mutua.
Valores
Fraternidade-Muprespa pretende conseguir o éxito a través dun comportamento exemplar tanto a nivel interno, coma cos seus grupos de interese e coa sociedade en xeral. É consciente do seu papel como Entidade Colaboradora coa Seguridade Social e da súa natureza sen ánimo de lucro. O noso estable compromiso cos principios das Nacións Unidas, coas mellores prácticas directivas e organizativas e o seu rigor no desempeño das súas funcións aseguran un funcionamento impecable, honesto e exemplar. Estes son os valores que rexen a súa actuación.
Estes son os valores que rexen a súa actuación.
- Servizo a asociados mutualistas
	
No que se refire ao servizo a mutualistas os aspectos cómpre destacar son os seguintes:
- Rapidez e axilidade na atención aos traballadores protexidos, buscando a mellor curación do paciente.
 - Igualdade de trato a todos os asociados.
 - Capacidade de resolución.
 - Transparencia sobre os motivos que nos levan a tomar decisións.
 
 - Compromiso dos empregados
 - Transparencia e comunicación entre os empregados para alcanzar os obxectivos da entidade.
 - Traballo en equipo co fin de garantir un mellor servizo e unha maior calidade deste.
 - Achega, por parte de cada empregado, do seu coñecemento co fin de alcanzar unha maior eficiencia na xestión.
 - Respecto e igualdade de trato a todos os empregados de Fraternidade-Muprespa.
 - Sentido do público
 - A áxil aplicación das normas e políticas ditadas pola Seguridade Social.
 - A transparencia na xestión.
 - A protección e defensa dos bens e ingresos públicos xestionados pola Mutua.
 - Eficiencia, calidade e innovación
	
Fraternidade-Muprespa debe xestionar con eficiencia, calidade e innovación. En concreto é esencial:
- Aproveitar e optimizar os recursos de que dispón para a prestación dos servizos e o logro dos obxectivos corporativos.
 - Garantir as prestacións de acordo aos criterios da Seguridade Social nuns prazos razoables e cuns custos adecuados e proporcionados.
 - Fomentar a innovación, a mellora, a creatividade e a aplicación das mellores tecnoloxías para progresar na xestión e na calidade.
 - Apostar pola máxima calidade na atención ao asociado.
 - Impulsar a adquisición de coñecementos por parte dos empregados e da propia organización (xestión do coñecemento).
 
 - Ëtica e responsabilidade social corporativa
	
Fraternidade-Muprespa manterá e fomentará un comportamento ético tanto da propia institución coma dos seus empregados. Neste sentido é primordial:
- Honestidade por parte de todos os empregados e da propia institución con todos os grupos de interese.
 - Respecto á confidencialidade da información tratada pola empresa, especialmente cando se trate da xestión de datos de carácter sanitario.
 - Fomento da Responsabilidade Social Corporativa como entidade enmarcada no sector público e con vocación de servizo á sociedade.
 
 
Todos os empregados prestarán colaboración na execución de calquera actividade. Neste sentido hai que destacar como valores específicos os seguintes:
Fraternidade-Muprespa debe ter como valor fundamental o sentido do público na súa xestión, xa que presta un servizo ao que os traballadores afiliados teñen dereito. Neste sentido é fundamental: