Sistema especial de empregados do fogar

Sistema especial de empregados do fogar

Réxime de empregados do fogar

O Réxime Especial de Empregados do Fogar integrouse no Réxime Xeral da Seguridade Social con data de efecto o 1 de xaneiro de 2012, que desenvolve a protección por Incapacidade Temporal por Continxencias Profesionais e Comúns.

Ampara baixo a súa cobertura a relación laboral especial do servizo do fogar familiar, que concertan o titular deste, como empregador, e o empregado que, dependentemente e por conta daquel, presta servizos retribuídos no ámbito do fogar familiar. Os devanditos servizos son as diversas modalidades das tarefas domésticas, así como a dirección ou coidado do fogar no seu conxunto ou dalgunhas das súas partes, o coidado ou atención dos membros da familia ou das persoas que forman parte do ámbito doméstico ou familiar, e outros traballos que se desenvolvan e formen parte do conxunto de tarefas domésticas, tales como os de gardaría, xardinaría, condución de vehículos e outros análogos.

Prestacións económicas

No caso de empregados de fogar que traballen menos de 60 horas ao mes para un mesmo empregador e que acordaran responsabilizarse do ingreso das súas cotas, será requisito necesario para acceder ás prestacións estar ao corrente do ingreso das cotas á Seguridade Social.

 

Accidente de Traballo e Enfermidade Profesional:

 
  Base Reguladora   Base de cotiz. A.T. mes anterior á baixa dividida entre 30
  Contía subsidio I.T.   75% da la base reguladora
  Inicio do Pagamento   Dende o día seguinte á baixa
  Modalidade   Pagamento directo
  Responsable de pagamento   Mutua

 

Enfermidade Común e Accidente Non Laboral:

  Base Reguladora   Base de cotiz. C.C. mes anterior á baixa dividida entre 30
  Pago días de baixa   1 a 3 4 a 8 9 a 20 21 e máis
  Contía % base reguladora   Non procede 60%   75%
  Modalidade     Pagamento Directo
  Responsable de pagamento     Empregador Mutua

Risco para o embarazo ou a lactación natural

A Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, establece que a prestación económica por risco durante o embarazo e a lactación natural terán a natureza de prestación derivada de continxencias profesionais.

A prestación económica trata de cubrir a perda de ingresos que se produce cando a traballadora é declarada en situación de suspensión do contrato de traballo por risco durante o embarazo, nos supostos en que, debendo cambiar de posto de traballo ou de actividade por outro compatible co seu estado, o devandito cambio non resulte técnica ou obxectivamente posible ou non poida razoablemente esixirse por motivos xustificados.

 

Prestación:

 
  Base Reguladora   Base de cotiz. A.T. mes anterior á baixa dividida entre 30
  Cuantía subsidio I.T.   100% da base reguladora
  Inicio do pagamento   Embarazo Lactación
Dende fin suspensión Dende fin maternidade
  Modalidad   Pagamento directo
  Responsable de pagamento   Mutua

Coidado de menores afectados de cancro ou enfermidade grave

O 23 de decembro de 2010 incorporouse na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2011 unha nova prestación económica para o coidado de menores afectados por cancro ou outra enfermidade grave, que encomenda ás Mutuas o seu recoñecemento, xestión e pagamento.

Está destinada os proxenitores, adoptantes ou acolledores, cando ambos os dous traballen e teñan que reducir a súa xornada de traballo, polo menos nun 50%, para o coidado do menor afectado por cancro ou outra enfermidade grave, que requira ingreso hospitalario de longa duración e tratamento continuado da enfermidade.

É precisa a acreditación de que o menor padece cancro ou outra enfermidade grave, así como a necesidade de coidado directo, continuo e permanente do menor durante o tempo de hospitalización e tratamento continuado da enfermidade.

.

  Base Reguladora   Base de cotiz. A.T. mes anterior á baixa dividida entre 30
  Contía subsidio I.T.   100% da base reguladora
  Inicio do pagamento   Dende inicio redución xornada
  Modalidade   Pagamento directo
  Responsable de pagamento   Mutua

SOLICITUDES DE PAGAMENTO DIRECTO

Normativa