Fraternidad-Muprespa Seguridad y Salud en el Trabajo OHSAS 18001

Seguridade e Saúde no traballo OHSAS 18001

Fraternidade-Muprespa dispón dun Sistema de Xestión de Seguridade e Saúde no Traballo (SGSST) certificado, de acordo á norma OHSAS 18001-2007; outorgado por AUDELCO, AUDITORÍA DE RISCOS LABORAIS, Empresa acreditada por ENAC (Entidade Nacional de Acreditación) para a Certificación de Sistemas de Xestión da Seguridade e a Saúde no Traballo (OHSAS 18001). A superación da correspondente auditoría de certificación e o cumprimento dos requisitos establecidos no procedemento de certificación de AUDELCO, supón a emisión do certificado de conformidade e o dereito de uso de Empresa Certificada.

A obtención do devandito certificado mostra o compromiso da Dirección da Mutua coa Seguridade e Saúde no Traballo dos seus empregados dentro da liña de mellora continua, tal e como queda reflectido na Política de Seguridade e Saúde no Traballo de Fraternidade-Muprespa.

OHSAS 18001

Os centros de traballo incluídos no ámbito de certificación (SA04) son: Servizos centrais (pza. Cánovas del Castillo, San Agustín, Cervantes e Alcobendas) e os centros de rede: José Abascal (Madrid); Pinto (Madrid), Móstoles (Madrid); Torrejón (Madrid); Valladolid; Santander; Xirona; Granada; Motril (Granada); Sevilla, Alcalá de Guadaira (Sevilla); Osuna (Sevilla); Bilbao, Abanto (Biscaia) e Derio (Biscaia). Progresivamente irémolo ampliando ao resto de centros da rede. Este certificado de SGSST está completamente integrado dentro do Sistema de Xestión Xeral xa implantado na Mutua.

Fraternidade-Muprespa está plenamente concienciada da importancia de facilitar e mellorar a calidade dos servizos prestados polo noso Servizo de Prevención Propio, así como garantir e afianzar a seguridade e a saúde dos nosos empregados.

Certificado