Canles RSS de Fraternidad-Muprespa

Canles RSS de Fraternidad-Muprespa

Subscríbase ás canles RSS que lle ofrece Fraternidad-Muprespa e reciba en tempo real as novidades e modificacións realizadas sobre a nosa páxina web institucional, sen necesidade de consultar nesta o que cambiou. Dunha forma sinxela, recibirá as novidades sobre: contidos, documentación e formularios de trámite ou noticias.

Prema sobre a ligazón da canle RSS á que desexe subscribirse, en función da información do seu interese. Na ventá seguinte mostraránselle as diferentes maneiras de subscribirse; seleccione a aplicación a través da cal quere recibir a información ou engada o enderezo URL ao seu programa lector de RSS.

¿Cal é a utilidade dos RSS?

Imaxinemos por un momento que espera unha modificación na "Tarifa oficial de primas para a cotización de accidentes de traballo e enfermidades profesionais", sábese que esta modificación está a punto de ser oficial. En circunstancias normais para poder ser consciente destas novidades sería necesario navegar pola web, para comprobar se xa se engadiu a nova normativa. Grazas ao novo servizo RSS, que incorpora o web institucional de Fraternidad-Muprespa, con tan só un par de clics de rato e sen necesidade de perder tempo en buscas, nin de encher formularios de subscrición, a información que se xera no web de Fraternidad-Muprespa viaxará de forma automática cara ao seu ordenador.

¿Como subscribirse?

O proceso de subscrición variará en función do tipo de navegador ou aplicación coa que vostede conte. Seleccione a aplicación que usará, se desexa dispoñer de máis información sobre como proceder coa subscrición: