¿Qué es la prevención de riesgos con cargo a cuotas?

A prevención con cargo a cotas

Dentro da cobertura de accidentes de traballo, Fraternidad-Muprespa desenvolve de forma gratuíta a favor dos seus empresarios asociados, e con carácter preferente ás empresas de menos de cincuenta traballadores, segundo os criterios establecidos polo Ministerio de Traballo e Inmigración, no artigo 68.3. c) da Lei 35/2014, 26 de decembro, e na Orde TAS / 3623 / 2006, de 28 de novembro, un conxunto de actividades preventivas, coa finalidade de asistir ás nosas empresas asociadas na incorporación ou mellora da actividade preventiva, onde se realizan as actividades seguintes:

  • Análise de factores determinantes dos accidentes de traballo e enfermidades profesionais.
  • Asesoramento para o cumprimento das obrigas legais en materia de prevención con medidas, entre outras, como visitas aos centros de traballo co fin de orientar sobre as necesidades preventivas.
  • Atención de consultas.
  • Estudos, enquisas e estatísticas de sinistralidade.
  • Orientación e contribución á súa formación e á actualización de coñecementos en materia preventiva.
  • Xornadas e seminarios sobre actualización e posta ao día dos coñecementos en materia preventiva.
  • Divulgación da prevención, publicacións, documentación básica, axudas para avaliación de riscos, e demais actividades preventivas que precise e desexe realizar a empresa.
  • Campañas de sensibilización, educación preventiva e sanitaria, que impliquen unha mellora dos hábitos e actitudes para o traballo.

Prestarase especial atención dende Fraternidad-Muprespa ao longo do ano 2012 no desenvolvemento de programas, con actividades de asesoramento, estudos de sinistralidade e de formación para empresarios e traballadores (aspecto, este último ampliado no apartado do Plan de Actividades Educativas 2012), no que se poden consultar, tanto a oferta como o calendario de cursos e xornadas relacionadas coa Prevención de Riscos Laborais.

Prevención de riesgos con cargo a cuotas