Portal conta

902 363 860 - 91 418 32 40

(Servizo de atención telefónica: luns a venres de 9 a 19 horas.)

Dende o día 1 xullo ata o día 31 de agosto, ambos os dous inclusive, o horario de atención é de 8 a 16 horas.

PORTAL CoNTA (ADMINISTRACIÓ OBERTA DE CATALUNYA)

A orde TRI/10/2004 do 26 de xaneiro de 2004 establece a notificación electrónica de accidentes de traballo correspondentes a centros de traballo pertencentes á comunidade catalá a través do portal web da Administració Oberta de Catalunya (CoNTA).

mencionado portal estivo operativo dende xaneiro de 2004 ata decembro de 2012, cando a Autoridade Laboral en Cataluña puxo en funcionamento o portal CoNTA para a Comunicación e Notificación de Traballadores Accidentados.

Portal Conta

REQUISITOS PARA A TRANSMISIÓN ELECTRÓNICA

Para garantir a seguridade do acceso CoNTA requirirá un certificado dixital que as empresas ou os seus representantes (xestorías, graduados sociais, etc.) poden obter ante calquera organismo certificador acreditado pola Agència Catalana de Certificació CATCert.

Requisitos técnicos:

  • Ter instalado o Visualizador Adobe Flash versión 10.0 ou superior.
  • Ter instalado o módulo Java JRE versión 6 ou superior.

Recomendacións:

  • Resolución de pantalla: 1.024 x 768
  • 512 Mb de memoria.
  • Optimizado para os navegadores: Internet Explorer (versión 7 ou superior) ou Mozilla Firefox (versión 3 ou superior).

ENVÍO DO PAT E RSB POR INTERNET

Poderanse notificar ben enchendo o formulario on-line do PAT ou da RSB, ou ben mediante a transmisión de ficheiros en formato remesa xeradas co programa PAT2003 que Fraternidad Muprespa pon á disposición de todos os seus mutualistas de forma gratuíta.

As notificacións de accidentados realizaranse a través da seguinte dirección web:

¿COMO OBTER MÁIS INFORMACIÓN?

Para máis información acerca do portal CoNTA poden chamar a calquera dos nosos centros ou na nosa liña de atención ás empresas 902 363 860 - 91 418 32 40 ou consultar no portal CoNTA .