PAT2003

PAT2003 E e-SERVIZOS

Co fin de mellorar o servizo que Fraternidad Muprespa presta aos seus asociados, puxemos en funcionamento unha serie de ferramentas gratuítas para axilizar a tramitación dos Partes de Accidente de Traballo a través do Sistema Delt@ ou o Portal CoNTA (só Cataluña) e establecer unha vía áxil de comunicación entre a Mutua e Vdes.: O aplicativo PAT2003 e os e-Servicios.

logo EPATO aplicativo PAT2003, que está que pode ser descargado gratuitamente dende esta Web, necesita ser instalado nun PC para a súa utilización. Unha vez instalado, o programa facilitaralle cubrir off-line (sen estar conectado a Internet) Partes de Accidente de Traballo e daralle a opción de xerar remesas exportables a Delt@ ou CoNTA.

Vantaxes do aplicativo PAT2003:

  • Gravación parcial de Partes de Accidente de Traballo.
  • Carga automática dos datos do Centro de Traballo.
  • Xeración de remesas exportables a Delt@/CoNTA.
  • Actualización automática de versións.
  • Apertura de arquivos asociados ao e-Servizo ePAT.
  • Para instalar a aplicación completa ou actualizar dende unha versión anterior, acceda á páxina de descargas do aplicativo.

e-Servizos

Fraternidad Muprespa ofrece unha serie de servizos de notificación electrónica, gratuítos para os seus mutualistas, orientados a axilizar a tramitación dos Partes de Accidente de Traballo a través do Sistema Delt@ ou o Portal CoNTA (só Cataluña) e establecer unha vía áxil de comunicación entre a Mutua e Vdes.

Os e-Servizos dispoñibles na actualidade son: eVSA, ePAT, ePEP, ePMA, eRSB e ePSB. Os servizos ePAT e eRSB consisten no envío ao mutualista dun PAT electrónico (ePAT) e RSB electrónica (eRSB), que facilita enormemente cubrir Partes de Accidente de Traballo cos aplicativos PAT2003 e RSB2003.

Pode obter máis información sobre os nosos e-Servizos e, se é mutualista, subscribirse a eles, accedendo á páxina de subscrición aos e-Servizos, ou contactando telefonicamente co noso Centro de Contacto, no 902 363 860 - 91 418 32 40..