
Charter da Diversidade
O Chárter da Diversidade é un código de compromiso que asinan con carácter voluntario e gratuíto as empresas e institucións dun país, comprometéndose a estender a súa mensaxe a toda a súa organización.
O 2 de xuño de 2011, en Fraternidad-Muprespa adherímonos ao Chárter da Diversidade en España co compromiso de rexernos polos seus principios.
En Fraternidad-Muprespa asumimos os seguintes compromisos:
- Sensibilizar: Os principios de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade. Deberán ser incluídos nos valores da Mutua co fin de difundilos entre os traballadores
- Avanzar na construción dun equipo de persoal diverso: En Fraternidad-Muprespa fomentaremos a integración de persoas con diferentes perfís
- Promover a inclusión: a integración deberá ser efectiva, evitando a discriminación
- Considerar a diversidade en todas as políticas de dirección das persoas: a xestión da diversidade non debe ser un labor de Recursos Humanos máis, senón un factor transversal, que se encontre na base de todas as decisións que se tomen neste ámbito
- Promover a conciliación a través dun equilibrio nos tempos de traballo, familia e ocio: En Fraternidad-Muprespa estableceremos mecanismos que permitan a harmonización da vida laboral coa vida persoal de todos os traballadores
- Recoñecer a diversidade dos clientes: Na Mutua faremos o posible por coñecer o perfil dos clientes, recoñecendo que a súa diversidade tamén é unha fonte de innovación e desenvolvemento
- Estender e comunicar o compromiso cara aos empregados: O compromiso que a Mutua adquire ao ser signataria do Chárter da Diversidade debe ser compartido transversalmente por Fraternidad-Muprespa
- Estender e comunicar este compromiso a administracións, organizacións empresariais, sindicatos e demais axentes sociais
- Reflectir as actividades de apoio á non-discriminación, así como os resultados que se van obtendo da posta en práctica das políticas de diversidade, na nosa memoria anual