Certificación Empresa Saudable de Fraternidad-Muprespa
Fraternidad-Muprespa obtivo en xullo de 2017 a certificación de Empresa Saudable.
Esta certificación establece os requisitos dun Sistema de Xestión para organizacións comprometidas cos principios e recomendacións internacionais existentes sobre empresas saudables e que queren promover e protexer de xeito continuado a saúde, a seguridade e o benestar dos traballadores.
Ao obter esta certificación, Fraternidad-Muprespa apostou por:
- Mellorar a saúde, benestar e seguridade dos seus empregados.
 - Reducir a accidentalidade e as enfermidades dun xeito continuado.
 - Sistematizar os aspectos claves dos ámbitos de traballo saudables (ambiente físico e psicosocial de traballo, recursos persoais de saúde e participación de Fraternidad-Muprespa na comunidade).
 - Facilitar o cumprimento legal en Prevención de riscos laborais (PRL).
 - Mellorar a motivación dos empregados de Fraternidad-Muprespa.
 - Facilitar o cumprimento das esixencias dos clientes.
 
“Fraternidad-Muprespa involúcrase cos requisitos que a convertan nun espazo saudable, promovendo a saúde e o benestar das persoas que traballan ou acoden a ela.”