Fraternidad-Muprespa cuenta con el distintivo de accesibilidad DIGA

Accesibilidade DIGA

Fraternidad-Muprespa está plenamente comprometida co respecto e defensa dos dereitos de persoas con capacidades diferentes; por iso, un dos nosos obxectivos principais é conseguir que todos os centros asistenciais que conforman a rede “sexan accesibles para todos”.

En marzo do 2015, demos o primeiro paso: quixemos analizar todos os nosos centros para detectar posibles carencias, en canto á accesibilidade destes, e así poder realizar as melloras necesarias.

A Mutua determinou que o xeito de conseguir esta información era someténdonos a unha auditoría que medise o grao de accesibilidade de cada centro. Para iso, contamos coa colaboración da Fundación Shangri-La, que desenvolveu un sistema de medición do grao de accesibilidade denominado DIGA (Distintivo Indicador do Grao de Accesibilidade).

A revisión dos centros en materia de accesibilidade realizouse a través da Certificadora Internacional IMQ (Istituto Italiano del Marchio di Qualita), que avala a certificación DIGA e analizou todos os centros de acordo ás especificacións técnicas do sistema.

O resultado foi moi satisfactorio: dos 83 centros auditados, 64 deles obtiveron o distintivo DIGA. Facemos especial fincapé ao centro deVitoria-Gasteiz, que conseguiu o distintivo DIGA 5 estrelas (máximo grao de excelencia en accesibilidade).

É importante destacar que a Entidade traballa para a mellora da accesibilidade dun modo continuo, con revisión de portas, accesos, mostradores, evacuación, etc. Nalgúns centros, a clasificación de accesibilidade está sometida a revisión e deberanse ir recollendo as melloras que se desenvolvan en cada centro.

O noso compromiso é conseguir que todos os centros da rede asistencial conten, polo menos, cun distintivo DIGA 3 estrelas.

Distintivo DIGA Distintivo DIGA